Islas destruídas buscan agricultura resistente

Os pequenos Estados en torno ao Caribe solicitan fondos para protexer a súa exigua produción de alimentos dos cada vez máis frecuentes desastres climáticos que azoutan a rexión. Dominica é un microestado. Pouco máis grande que Eivissa, con 73.000 habitantes e un PIB menor que o orzamento da cidade de Málaga. Despois dos servizos financeiros (non aparece na lista de paraísos fiscais da UE), o seu principal motor económico é a agricultura, que se centra nas bananas, seguidas polos taros e os pomelos e emprega a case catro de cada 10 dominiqueses. Esa mesma agricultura que o pasado setembro foi devastada xunto ao resto da illa co paso do furacán María. “Sufrimos moitos furacáns, pero antes non destruían toda a illa”, lamentaba este mércores en Montego Bay (Xamaica) Johnson Drigo, o seu ministro de Agricultura e Pesca. “O cambio climático está a afectarnos seriamente”.

 

 En arquipélagos como estes, as desfeitas, as inundacións ou a falta de auga tiran por terra a súa limitadísima capacidade de producir comida. As illas caribeñas gástanse ao ano uns 4.000 millóns de euros en importar alimentos.Á espera de achegas, os países empezan a poñer do seu parte, e piden aos agricultores e gandeiros que fagan o propio. “Por iso, unha das cousas máis urxentes é garantir e aclarar a propiedade da terra”.

Moitos países están sufrindo por culpa do cambio climático, sobre todo os máis pobres, deberíamos enviarlles recursos e axudas para que se poidan enfrontar ao cambio climático e poidan sobrevivir sen que ningún furacán lles acabe cas colleitas.

imagen

Tags:

 

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.