O cambio climático ameza o futuro do 70% dos pingüíns rei.

O quecemento global afectará a 1,1 millóns de parellas en idade de reprodución desta especie de ave do Océano Antártico. O 70% dos pingüíns rei desaparecerá abruptamente ou veranse obrigados a buscar novos hábitats antes do fin deste século se non se reducen as emisións de gases de efecto invernadoiro, advirte un estudo publicado este luns por Nature.

Aínda que a tendencia natural dos animais destes climas fríos é a de dirixirse cara a zonas máis austrais cando os seus hábitats experimentan subidas das temperaturas, o pingüín rei ( Aptenodytes patagonicus) compórtase de maneira diferente, explican os autores. As parellas de pingüíns rei, lembran, só reprodúcense e crían á súa descendencia en illas do océano Antártico que están libres de xeo, ecosistemas altamente fragmentados que dificultan a súa mobilidade cando ven obrigados a migrar.

En caso de manterse as taxas de emisións actuais de gases de efecto invernadoiro, o 49 por cento da poboación de A. patagonicus que se reproduce nas illas Crozet e das Illas Príncipe Eduardo perderá completamente os seus hábitats a finais do século XXI. Así mesmo, o 21 % de pingüíns das illas de Kerguelen, Malvinas e Terra do Lume experimentará alteracións significativas nas súas condicións de vida, pois deberá cubrir distancias máis longas para atopar comida.  Os expertos agregan que este modelo de investigación pode ser útil para analizar o futuro doutras especies que habitan ecosistemas altamente fragmentados.

Os animais hai que protexelos, senón, cada vez haberá menos especies na terra e romperase a cadea alimenticia, isto todo ocorre polo cambio climático e hai que contribuír ao desenvolvemento sostible para que isto non pase.

imagen

Tags: , ,

 

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.