A megaola de xuño converteu a península Ibérica no norte de África

As temperaturas de xuño foron as que máis pronto chegaron dende que hai rexistros. A primavera cada vez chega antes e o outono cada vez máis tarde. Entremedias, o cambio climático está a alongar os veráns e facéndoos máis calorosos. Nas últimas décadas a frecuencia de olas de calor aumentou. Un estudo da que viviu Europa en xuño de 2017 elévaa á categoría de megaola. En 70 anos houbo unha decena, a metade no que vai de século XXI. Pero a do ano pasado foi a máis temperá desde que hai rexistros. Os científicos cren que o que hoxe é extraordinario deixará de selo no futuro.

Para que unha onda de calor convértase nunha gran ola debe durar más días, tener temperaturas más extremas y afectar una extensión más grande. Eso es lo que pasó en junio de 2017.En canto ás temperaturas, unha megaola debe ter unha desviación de 2 ou 3 graos sobre un limiar determinado. Este limiar é variable, xa que o impacto dunha mesma temperatura é diferente segundo onde se dea. Os 33,6º que sufriu Moscova durante a onda de calor de 2010 mataron a miles de persoas, pero serían máis que levadíos unha tarde de agosto en Sevilla. En xuño pasado, moitas estacións meteorolóxicas en España alcanzaron os 45º entre o 15 e o 18 de xuño. En Londres, no aeroporto de Heathrow, chegaron a 34,5º o 21 de xuño. Francia estableceu unha nova marca de temperatura media de 26,4º en xuño e na fresquiña Suíza houbo noites por encima dos 25º.

Isto débese todo ao cambio climático e, se non o paramos, isto vai facerse moito máis habitual e vai haber xente que teña que emigrar polo quentamento global ou que morra.

imagen

 

 

 

 

 

 

Tags:

 

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.