A ferramenta da NASA que predí que cidades do mundo acabarán inundadas polo desxeo

A ferramenta analiza os efectos de rotación e gravitación da Terra e proporciona aos gobernos unha forma de determinar que capas de xeo deberían preocuparlles máis.

A NASA creou unha nova ferramenta para predicir que cidades estarán afectadas a medida que se derreten  proporcionadamente as capas de xeo. Grazas a ferramenta podemos previr as cidades que se inundarán ou que se verán afectadas por algunhas capas de xeo.    Esta ferramenta ao analizar os efectos da rotación e gravitación da Terra poderemos predicir  como se redistribuirá a auga a niveis mundiais.

As cidades e os países queren previr as inundación, pero o que teñen que pensar e que isto sucederá dentro de 100 anos no futuro e seguramente non vexan os riscos da mesma maneira que os vemos agora.

Tres procesos claves influíron no nivel do mar:         -1ºGravidade                                                                                                                                                                                                                          - 2º A influencia empurrar-tirar do xeo                                                                                                                                                                        - 3º A rotación do planeta Terra

A ferramenta tamén proporciona aos gobernos unha forma de determinar que capas de xeo lles deberían preocupar máis. Suxire que en Londres o aumento do nivel do mar podería verse bastante afectado polos cambios na parte norte e occidental da capa de xeo de Groenlandia. Para Nova York, a área de preocupación é toda a porción norte e este da capa de xeo.

Resultado de imaxes para desxeoimagen

Eu opino que é moi boa idea esta ferramenta, porque así os nosos descendentes poderán dentro duns 90 ou 100 anos salvarse de moitas inundacións e moita xente sobrevivirá grazas a esta ferramenta avisando a o goberno cal será a localización da próxima inundación. Aínda que tamén estaría ben que a xente deixase de contaminar e tentase que isto nunca chegara a pasar, pero non podes convencer a todo o mundo para que non contamine e que fago algo polo medio ambiente.

Tags: , , ,

 

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.