A capa de ozono mellora nos polos, pero retrocede nas latitudes máis poboadas

Ata agora os científicos crían que a capa e ozono non se recuperaría ata mediados do século, pero este estudo está visto como unha preocupación non como unha cousa alarmante. As causas aínda se descoñecen, aínda que hai dúas hipóteses referidas ao cambio climático.

A capa de ozono recuperouse nos polos, pero experimentou un retroceso nas zonas máis poboadas por causas que aínda se descoñecen, segundo unha revista científica.

Un equipo internacional dirixido pola Universidade Politécnica de Zúrich e o Observatorio físico-metereolóxico de Davos descubreu, que a pesar da prohibición de gases clorofluorocarbonos en 1989, a concentración de ozono na parte inferior da estratosfera seguiu diminuíndo.

Os científicos utilizaron medidas e satélites durante 3 décadas, datos procedentes de centros como: Reino Unido e información da NASA. Eles leváronse unha gran sorpresa por este descubrimento xa que os seus protocolos e normas nunca daban eses resultado.

Estas foron palabras duns científicos:                                                                                                                                                                           “Grazas ao Protocolo de Montreal (1987) o ozono aumentou significativamente nas capas máis altas da estratosfera e nas zoas polares estase recuperando”.

Sen embargo os expertos aínda non atoparon explicación, pero hai dúas hipóteses:

1ª hipótese: Que o cambio climático está modificando o patrón da circulación atmosférica, movendo o aire dos trópicos máis rápidos e máis lonxe en dirección polar, polo que se forma menos ozono.

2ª hipótese: Que substancias de vida moi curta que conteñen cloro e bromo están aumentando e poderían alcanzar, cada vez máis, a parte inferior da estratosfera, por exemplo como resultado de tormentas eléctricas de maior intensidade.

Eu opino que está moi ben que mellore a capa de ozono nos polos, pero tamén habería que ver como poder mellorala nas latitudes máis poboadas, porque hai lugares que xa case non teñen capa de ozono e isto non pode ocorrer en todo o mundo.Resultado de imaxes para capa de ozono

Tags: ,

 

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.