O metano do sector gandeiro representa o 14,5% dos gases emitidos polo home

Máis que limitarse a reducir o metano (gas de efecto invernadoiro), a gandaría afronta o problema do cambio climático coma unha oportunidade para aumentar a produtividade e mellor a súa imaxe.

Nas cortes bovinas dunha rexión do norte de Italia, os gandeiros séntense no punto de mira de todo o mundo, cousas transmitidas pola responsable técnica da asociación Unicarve (empresa que une 800 empresas cárnicas).

Non é menos importante, a crecente preocupación que existe polas condicións de vida dos animais,os moitos recursos utilizados ou a contaminación polo metano que producen algúns animais bovinos coma as vacas cando fan a dixestión ( isto último causa un 40% dos gases de efecto invernadoiro e un 14,5% de todas as emisións).

Os gandeiros en vez de concentrarse só no metano, están buscando “salvar as empresas e soster unha actividade” coa que melloren o seu benestar.

Agora está en probas un proxecto europeo en catro importantes países produtores de ganado (Italia, Francia, España e Irlanda) co fin de reducir o metano polo menos un 15% entre 2015 e 2025.

Polo momento están analizando as prácticas en cada un dos sitios para verificar o seu impacto ambiental. Isto todo lonxe de tentacións dos vexetarianos de deixar de comer carne, os gandeiros prefiren usar técnicas innovadoras e máis sostibles que as actuais.

imagen

Eu opino que sería mellor tentar facer algo en respecto ao metano, porque un 40% dos gases invernadoiros emitidos polo ser humano e moita cantidade para este gas, ademais habería que mirar algunha comida para darlle as vacas e que non producise tanto metano mentres o dixire, porque ao mellor e polo que se alimentan aínda que ese sexa o seu alimento natural.

Tags: ,

 

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.