Galiñas

Galiña e galo (Gallus gallus domesticus) son os nomes dados, respectivamente, á femia e macho da especie Gallus gallus domesticus de aves galiformes e fasiánidos. Os xuvenís coñécense co nome de polo ou pito. Estas aves posúen bico pequeno, crista carnuda e ás curtas e largas. A galiña ten unha enorme importancia para os seres humanos pois é o animal doméstico máis difundido e abundante do planeta e unha das fontes de proteína máis baratas. Alén da súa carne, as galiñas fornecen ovos. Segundo datos de 2003, hai cerca de 24.000 millóns de galiñas no mundo. Nalgúns países da África moderna, o 90% dos hogares crían galiñas. As galiñas son aves omnívoras, mais teñen preferencia por sementes e pequenos invertebrados.

As primeiras referencias a galiñas domesticadas xorden en cerámicas corintias datadas do século VII a.C.. A introdución desta ave como animal doméstico xurdiu probabelmente en Asia, de onde é nativa a especie Gallus gallus. A pesar de que os romanos desenvolveron a primeira raza diferenciada de galiñas, os rexistros antigos mostran a pImagen relacionadaresenza de aves salvaxes asiáticas na China desde -1400. Esto gustoume moito.

Tags:

 

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.