Coalas

O coala[4][a] (Phascolarctos cinereus) é un marsupial herbívoro nativo de Australia. É a única especie da familia dos fascolárctidos, e o seu familiar máis próximo é o uombat. Este animal vive en zonas costeiras das rexións do este e do sur de Australia, nos estados de Queensland, Nova Gales do Sur, Victoria e Australia Meridional. É doado recoñecelo polo seu corpo robusto sen cola e a unha gran cabeza con orellas redondeadas e peludas e un gran nariz con forma de culler. Os coalas poden chegar a medir entre 60 e 85 cm e acadar de 4 a 15 kg de peso. A cor da súa pelaxe varía dende o gris prateado ata o marrón chocolate. Os membros das poboacións máis ó norte adoitan ser máis pequenos e de cores máis claras que os do sur, dando lugar a posibilidade de que sexan subespecies distintas, aínda que isto está en discusión.

Os coalas habitan en zonas abertas de bosques de eucaliptos, e as follas destas árbores conforman a maioría da súa dieta. Xa que esta dieta fornece un contido limitado de nutrientes e calorías, os coalas levan unha vida sedentaria e adoitan durmir unhas 20 horas ó día. Son animais sociais e os lazos familiares existen só entre as nais e as crías que dependen delas. Os machos adultos comunícanse por medio de fortes ruxidos que intimidan os rivais e atraen ás femias. Os machos tamén marcan a súa presenza por medio de secrecións usando unhas glándulas que teñen no peito. Sendo marsupiais, as crías nacen sen estar aínda desenvolvidas por completo e sóbense ó marsupio das súas nais, onde permanecen durante os primeiros seis ou sete meses de vida. Estas crías destétanse por completo cando chegan ó ano de idade. Os coalas teñen poucos predadores naturais e padecen de poucos parasitos, pero si son vulnerables Imagen relacionadaSon interesantes

Tags:

 

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.