A EU xúntase con China para manter vivo o Tratado de Paris

A EU promete que o pacto seguirá vivo a pesar da marcha dos Estados Unidos. Europa firmou en Pekín, ata agora un socio afastado e incómodo, un acordo bilateral que multiplica os compromisos de ambos os bloques nese marco multilateral para tentar salvalo.

Bruxelas pasou oito meses tentando forxar un acordo climático ambicioso co país máis contaminante do mundo. O obxectivo era tratar de protexerse fronte ao descolgue estadounidense dos acordos contra o quecemento global que ratificou o anterior presidente, Barack Obama. Fronte ás dúbidas estadounidenses, a declaración arrinca constatando que a acción climática é hoxe “máis importante que nunca” e confirma os compromisos de Europa e China nos acordos de París, dos que agora asumen o liderazgo.

Cos compromisos que había ata agora, xa se consideraba difícil un quecemento térmico inferior aos tres graos. A retirada de Washington agravará a situación. Pero Bruxelas promete que o acordo seguirá adiante en calquera caso.

Paréceme ben que EU e China tomen a iniciativa contra o cambio climático, xa que son dous dos países que máis dióxido de carbono emiten e con isto pode ser máis fácil o obxectivo do desenvolvemento sostible.

Central eléctrica

Tags: ,

 

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.