¿Por que fai tanto frío en Europa e como surxiu “a bestia do este”?

As nevadas, temporais e baixadas de temperatura estanse escoitando moito nos medios de comunicación.                                                   Ademais estamos sufrindo unha onda xélida que non é moi normal, ou polo menos achegándonos a primavera en Europa, máis hai que ter en conta que no Ártico o termómetro está rexistrado e está tendo uns niveis bastante máis cálidos do habitual.

Un científico en Groenlandia rexistrou temperaturas de 6,1ºC ata 7,2ºC isto en comparación cos -15º que rexistrou en Reino Unido, vese que as temperaturas non están igual que sempre.

As consecuencias de isto están sendo letais. Ao menos 38 persoas morreron nunha semana no centro e suroeste de Europa debido a unha onda de frío que chegou rexistrar -25ºC en algunhas partes do continente. O maior números de vítimas mortais foi producido en Hungría, onde 21 persoas faleceron en menos de 5 días, a maioría deles enfermos, maiores, persoas que non teñen calefacción ou persoas que viven na rúa.

Unhas imaxes feitas por un satélite puideron observar o que estaba ocorrendo, nelas podíase apreciar como o vento está empurrando frío con temperaturas por riba de 0º ata o Ártico, os científicos din que este fenómeno pode ser consecuencia do cambio climático (unha consecuencia do quentamento global), aínda que non poidan aseguralo todo con certeza.

Resultado de imaxes para ciudad nevada

Eu opino que este frío non é bo e que teríamos que non contaminar para que non houbese tanto quentamento global e que puidésemos vivir sen ter que soportar tanto frío, porque moita xente está morrendo por causa disto.

 

Tags: ,

 

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.