O lobo ártico

 O lobo ártico é un animal que vive en lugares con temperaturas extremadamente frías. Para isto, dispoñen de moitas capas de pel grosas con graxa para manter o calor. Un dato curioso sobre a súa grosa pel é que a capa máis externa aumenta o seu grosor cando chega a tempada de máis frío, o inverno. Teñen as orellas máis pequenas en comparación aos demais lobos para manter o calor e unhas patas acolchadas que lle sustentan un maior agarre mentres camiñan pola neve desas zonas conxeladas. Esta especie de lobo desenvolveu unha anatomía que lle permitiu poder adaptarse a temperaturas moi frías e a vivir grazas a que tiñan graxa almacenada no seu corpo. A min paréceme un animal moi bonito que fixo e fai unha evolución moi interesante e curiosa para poder sobrevivir neses lugares tan fríos.

lobo áritico

Tags: ,

 

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.